Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Lousame abre do 3 ao 15 de setembro a matrícula no curso de Educación de Adultos para obter o graduado en ESO


O Concello de Lousame abrirá do 3 ao 15 de setembro o prazo de inscrición no curso de Educación de Adultos, preparatorio para obter o graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Unha inscrición totalmente de balde e que se poderá facer nas oficinas xerais do Concello de Lousame ou chamando ao teléfono 981 820 494.

Estes cursos de educación de adultos, que o Concello de Lousame leva organizando dende o ano 2005, son un xeito moito máis sinxelo e accesible para sacar o graduado en ESO fronte as probas libres que cada ano convoca a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. As clases terán lugar na Aula de Educación de Adultos da Casa da Cultura.